981 227 451 620 422 640 m.garea@coruna.es
Novas

O Instituto presentou o informe da Sección de Patrimonio sobre o estado do patrimonio BIC da cidade da Coruña 2018

O Instituto presentou o informe da Sección de Patrimonio sobre o estado do patrimonio BIC da cidade da Coruña 2018
26/10/2018 |

A continuación recóllese o prólogo de dito informe. Pode acceder ao documento íntegro facendo click nesta ligazón.


Como achega do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, proclamado pola Unión Europea, presentamos este informe sobre o estado do Patrimonio BIC da cidade da Coruña.

Constituída a sección de Patrimonio do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses o 8/6/ 2017, entre os seus primeiros acordos fixouse un plan de traballo para a posta ao día dos datos e coñecementos existentes sobre o patrimonio BIC da cidade, así como a identificación de entidades, institucións ou asociacions con idénticas ou similares funcións e competencias. Para iso creouse, como actividade da sección, o Observatiorio do Patrimonio da Coruña coa intención de manter unha permanente observación da situación do patrimonio coruñés, para, cumprindo cos fins do Instituto, promover o seu estudo e informar da súa situación.

Como primeira fase no traballo do Observatorio, procedeuse a elaborar unha base de datos coa relación de institucións, organismos, entidades e asociacións, públicos ou privados, que traballan ou teñen competencias sobre o Patrimonio da Coruña. Este listado debe entenderse como unha proposta aberta, á que poder seguir incorporando datos para completar a información das súas actividades ou engadir os que falten, debido á premura dunha primeira aproximación ao coñecemento deste campo e dos seus múltiples protagonistas.

A segunda fase da actividade do Observatorio desenvolveuse nos últimos meses de 2017, coa elaboración da relación dos BIC da cidade e un informe sobre as súas características, valores, lexislación que lles afecta e, para rematar, un primeiro diagnóstico da súa situación, apuntando algúns dos aspectos máis apremiantes para a súa conservación.

Como conclusión, queremos advertir que todo proceso de observación patrimonial conleva interpretacións, análises e propostas que estimulen e apoien a actuación dos organismos competentes en cada caso. Tamén se tratou que aclarar algunha incerteza e imprecisión sobre a aplicación de lexislacións de certa antigüidade que afectan aos nosos BIC.


 Pode seguir lendo o informe facendo click nesta ligazón.

 

Adxuntos

informecastellano.pdf

informegalego.pdf

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás aceptando o seu uso. Máis información | Aceptar