981 227 451 620 422 640 m.garea@coruna.es

Historia

Fondo Documental
de Mestres Galegos

O Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses constituiuse o 3 de xullo de 1964 a iniciativa do entón Alcalde da Coruña,  Eduardo Sanjurjo de Carricarte. Por Decreto da Alcaldía de 8 de xullo de 2016 integrouse, de maneira provisoria, na estrutura municipal do Concello da Coruña como Servizo de carácter Cultural e de Investigación, órgano especial da administración de carácter desconcentrado baixo a dependencia orgánica da Área de Alcaldía e funcional da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento.

Leva o nome do ilustre polígrafo coruñés José Andrés Cornide y Saavedra, pretende honrar a súa memoria e ten como finalidade a investigación, estudo e divulgación nas diferentes áreas do coñecemento, prestando especial atención á realidade socio-cultural e científica da cidade da Coruña, a súa zona de influencia e Galicia. Nese sentido, busca canalizar a actividade cultural das persoas interesadas no pasado, presente e futuro da cidade.

Na historia do Instituto gardamos unha especial lembranza de Isabel Martínez-Barbeito Morás, historiadora e arquiveira municipal, polo importante labor que desenvolveu como secretaria-conservadora, salientando o seu papel determinante na consecución da doazón do arquivo privado e biblioteca do egrexio polígrafo e coruñés universal Salvador de Madariaga e do naturalista Victor López Seoane.

Biblioteca e arquivo

O Instituto "José Cornide" está dividido en tres diferentes seccións: os fondos de Salvador de Madariaga, os fondos de Víctor López Seoane e os fondos procedentes doutras doazóns e de intercambios.

José Andrés Cornide Saavedra y Folgueira
Salvador de Madariaga
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás aceptando o seu uso. Máis información | Aceptar