981 227 451 620 422 640 m.garea@coruna.es
Biografía

Vida e obra do ilustre
galego Salvador de Madariaga

Salvador de Madariaga y Rojo ven ó mundo o 23 de xullo de 1886 no número 16 da moi herculina Rúa do Orzán. O noso protagonista é fillo de José de Madariaga e María Ascensión Rojo. A familia dela procede de Lugo, o que sempre deixou unha impronta galega no temperamento e carácter do daquela xove Salvador. Fillo de familia numerosa, xa que tivo dez irmáns, entre eles a que logo sería científica Pilar de Madariaga Rojo ou o escultor Emilio Madariaga.

Salvador matricúlase en 1895 no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. O seu pai regresa de Cuba en 1898 cando Salvador ten 12 anos. Trasladase con toda a súa familia a Madrid. Remata o Bacharelato no Instituto Cardenal Cisneros e no cambio de século, en 1900, con 14 anos, vaise ó Colexio Chaptal de París. A súa marcha coincide coa morte da súa nai, en 1903, ó dar a luz por onceava vez. Graduouse como Inxeñiero de Minas en 1911. Coñece a que sería a súa primeira muller: Constance Archibald, unha escocesa historiadora de economía con quen vive en París, e coa que finalmente casase en 1912.

Volta a España. Instalase en Madrid como Inxeñiero da Compañía de Ferrocarriles del Norte. Comenza a facer os seus primeiros textos en xornais e revistas. Madariaga posicionase tras a súa chegada a Madrid, ingresando en 1914 na Liga de Educación Política. A Liga, da que formaban parte persoalidades tan relevantes como Ortega y Gasset, Azaña, Luis Araquistáin ou Ramiro de Maeztu, era unha sorte de agrupación de intelectuais comprometidos coas reformas do Estado, unha conciencia crítica que reclamaba a adaptación dos xeitos da política española, da chamada ‘vella política’.

En 1916 Madariaga, tras pouco tempo residindo en Madrid, a través dun dos homes da Liga de Educación Política, Luis Araquistain, coñece a John Walter, un dos membros da familia que funda o diario londinense ‘The Times’. E a Madariaga lle ofrecen un emprego no Times sobre temas españois, mais con adicación exclusiva do Departamento de Información do Foreign Office.

En 1919 nace a súa filla Isabel e volve a Madrid. O Duque de Alba lle dá traballo en España na realización de Catálogos de Exposicións de Arte. Segue a publicar artigos para a prensa española e británica, en cabeceiras tan prestixiosas como o ‘Times Literary Supplement’ ou o ‘Manchester Guardian’.

Madariaga é nomeado na primavera de 1921 Secretario para a Conferencia do Tránsito que se realiza en Barcelona. Esta era unha xuntanza preparatoria para crear o sistema de seguridade do futuro, a Sociedade de Nacións. Pouco a pouco irá escalando no escalafón da recentemente creada institución. Nomeado en agosto de 1921 como Secretario da Sociedade de Nacións, xusto un ano máis tarde se lle designa Subsecretario de Desarme. A súa actividade en Suiza é básica para entender o Madariaga do futuro. Mais segue publicando en España, en xornais de notable prestixio como ‘El Sol’.

Cinco anos despois de ser elexido, en decembro de 1927, dimite do seu cargo na Sociedade de Nacións. Cumplidos os 40 anos lle ofrecen una nova Cátedra de Estudos Hispánicos na Universidade de Oxford que acepta. En 1930 publicase un dos seus textos de maior trascendencia: ’España. Ensayo de Historia Contemporánea’.

O noso protagonista atópase de viaxe por América no momento das cruciais eleccións do 12 de abril de 1931. O 1 de maio dese ano entérase pola prensa ó chegar a capital cubana da Habana que o nomean, sen consúltalo, Embaixador español en Washington. A súa xeración entra na política nestas Cortes Constituientes de 1931, chea de persoaxes relevantes e alta consideración intelectual: Ortega, Madariaga, Nóvoa Santos…

Pouco tempo permanece Madariaga no seu cargo en Washington, xa que toma posesión en xuño e retorna a Europa a mediadios de xullo para ocuparse da Embaixada de París e a representación española na Sociedade de Nacións. Non parece que exista millor figura para a imaxe exterior do novo proceso democratizador español.

Resulta elexido deputado a Cortes Constituintes pola Federación Republicana Galega na súa provincia natal nos comicios do 28 de xuño de 1931. O 1 de xaneiro de 1932 é nomeado Embaixador en París e Delegado de España na Sociedade de Nacións. Madariaga observarase ademáis como un excelente enlace da Sociedade de Nacións cos países latinoamericanos.

O ‘vello’ Lerroux chama a Madariaga para que lle bote unha man no seu gabinete no Ministerio de Instrucción Pública. Nomeado o 3 de marzo de 1934, asume tamén durante dez días o Ministerio de Xustiza. O 28 de abril dese mesmo ano cae o goberno Lerroux. Non deu tempo de rematar o seu retrato ministerial feito polo pintor Vázquez Díaz.

Madariaga abandoa como representante na Sociedade de Nacións ante o Xefe de Gabinete Casares Quiroga e o Ministro de Estado Barcia Trelles nos primeiros días de xullo de 1936.

Retirase a descansar o seu Cigarral en Toledo. Mais o seu prestixio non para de medrar: en xuño de 1936, é nominado para o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na Sociedade de Nacións. Non sería a única vez, xa que volverían a nominalo o ano seguinte e 16 anos máis tarde, xa en 1952.

Co bando republican tomado polos grupos milicianos Madariaga ten que fuxir de España, dende Valencia cara Xinebra. O seu cigarral e a súa casa do Viso en Madrid foron incautados. So uns poucos días tras fuxir de España, Madariaga tenta aportar a resolución do conflicto con conversacións directas con Anthony Eden y procurando vías de achegamento entre as partes.

Nos anos finais da Guerra Civil española Madariaga consolida a súa presencia no mundo anglosaxon. Instalase en Oxford de novo en 1938. A docencia tampouco lle apaixoa, e adícase a dar conferencias en universidades inglesas e americanas. O refuxio en Oxford pasao Madariaga tentando recompoñer, salvagardar a familia e procurar novos contactos.

A súa imaxe non parou de crecer. Tamén na súa difusión internacional. Emitíu un programa en español da BBC para América Latina que durou nada menos que nove anos. Tamén radiaba en castelan para as Forzas Francesas Libres, a resistencia francesa. É nomeado Profesor Honorario en 1942 do prestixioso Colexio de Exeter e publica en 1940 ‘Vida del muy magnífico señor Cristobal Colón’.

Mais o relevante da análise da sua correspondencia é a relación con numerosos sectores do exilio en Gran Bretaña sobre a construcción da nova Europa da posguerra. A continuidade de Franco nun esceario cada vez máis factible de victoria aliada e derrota do fascismo era inasumible. Conviña ir preparando o futuro.

De feito, neste contexto hai que entender a publicación en novembro de 1944 do seu más forte alegato contra Franco: ‘General, márchese usted’. Un daquela monárquico Gil Robles, un socialista Indalecio Prieto, os contactos do sempre presente Juan March… Madariaga establece contactos e planifica a saída de Franco con todos eles.

No medio de viaxes polos países de América do Sur, onde contacta con grupos de exiliados, manten entre 1946 e 1947 estreitos contactos con Don Juan e Gil Robles. En 1947, nomeado como primeiro Presidente da Internacional Liberal, Madariaga viaxa a EE.UU. Entre longos paseos con Albert Einstein é nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Princeton.

Unha das ideas claves onde se podían buscar pontes de converxencia era o futuro do novo mundo occidental, da nova Europa que se pretendía crear. Europa se confirmaba cada vez máis como a solución ó problema español, o que entroncaba co ideal rexeneracionista inicial de modernización de principios do século XX do que a xeración de Madariaga formaba parte.

De xeito paralelo, constituese entre o 6 e o de febreiro de 1949 o Consejo Federal Español do Movemento Europeo. A presidencia de Madariaga do CFE ten a intención de sustituir ó que o Goberno da República no Exilio non puido facer: é decir, unificar a oposición ó franquismo de toda cor política, coa excepción de comunistas e fascistas.

Non puido ser. A resolución 386 (V) da ONU aprobouse o 4 de novembro de 1950. Cinco anos despois de rematada a guerra contra o fascismo, o mundo occidental comenzaba a lexitimar o réxime de Franco. O 15 de decembro de 1955 España entra na ONU en calidade de ‘Observador permanente’.

Sen embargo, as perspectivas de Madariaga nestes anos lonxe de desaparecer procuran novos camiños. Presidente da Internacional Liberal, a partir de 1952 elexido Presidente de Honra; fundador do Colexio de Europa, a súa maior contribución á creación de Europa según a súa propia opinión; Presidente do Comité Cultural do Congreso de Europa dende a súa creación en 1948 –cargo que mantivo ata 1964…-.

As primeiras movilizacións contra o réxime no interior dánse dende a Universidade, dende o estudantado. Eiquí hai un universo de demandas novo, uns xeitos distintos de facer política de oposición. Neste mesmo 1960 Madariaga ingresa na Academia francesa de Ciencias Morais e Políticas cun acto na Sorbona. En novembro de 1961 fai unha xira académica por Asia, entre Filipinas, Xapón a India e Pakistán. Tamén visita Exipto, concretamente O Cairo.

A reunión da oposición interior e exterior en Munich foi a conclusión lóxica do proceso iniciado por Madariaga dende principios dos anos cincuenta. Nesta reunión celebrada entre o 5 e o 8 de xuño de 1962 o tema de debate foi ‘Europa e España’. Madariaga, como Presidente do Consello Federal Español do Movemento Europeo, realiza a maior xuntanza ata ese intre de españois do interior e exterior na oposición a Dictadura. Case un Parlamento: 118, 80 do interior e 38 do exilio. Sumando en vez de restar, Salvador de Madariaga puxo nun dos maiores apuros ó rexime. Mais a viraxe na política do réxime respecto das opcións democratizadoras taponou definitivamente as posibilidades de Madariaga de levar adiante un proceso de libertades.

Este freo para a democratización española semella que acaba coas forzas de Madariaga. Madariaga ten tres cuartos de século tras as súas costas. Mais non lle impide seguir tendo actividade cultural intensa: en 1963 publica unha novela satírica sobre Franco, ‘Sanco Panco’, e dous anos despois tamén publica ‘Retrato dun home de a pé’. En 1964 nomeano Presidente e cofundador do Colexio de Europa de Bruxas.

Chegado a estas alturas da súa vida, tras percorrer medio mundo, Madariaga volta a enfocar a volta a España. Mais dende finais da década dos sesenta, Madariaga deixa de ser perigoso para o réxime, tras desactivar Munich. Pouco tempo despois, Madariaga comenza a ter recoñecemento académico no seu propio país. En 1970 Madariaga é nomeado membro correspondente da Real Academia da Historia.

Nese mesmo ano de 1970 morre a súa esposa, Constance Archibald. Se ben convive dende fai tempo con Emile Skezely, casase con ela en segundas nupcias en Oxford o 18 de novembro deste 1970. Meses máis tarde os dous fixan a súa residencia en Locarno, no cantón suizo de Ticino.

O recoñecemento da súa figura alcanza o máximo recoñecemento coa entrega do Premio Carlomagno na cidade de Aquisgrán, tamén polos seus servizos a Europa, na data do 31 de maio de 1973. No interior de España, tras a morte de Carrero Blanco, e tras conversas co editor José Manuel Lara en Oxford, publicanse en 1974 a primeira parte das súas memorias, ‘Amanecer sin mediodía’. A súa producción bibliográfica permite de novo voltar a plantexar a posibilidade de acadar o Premio Nobel de Literatura, o que se lle solicita no ano 1975.

Franco morre na cama o 20 de novembro de 1975. En abril de 1976 Madariaga retorna a España nunha mini xira que o leva a Zaragoza, Barcelona, Madrid e A Coruña. Nada mais aterrar en España o 5 de abril de 1976, na rolda de prensa que da en Zaragoza, Madariaga indica que Franco é o persoaxe máis nefasto de toda a Historia de España. Toda unha declaración de intencións. Prosiguirá a súa ruta con numerosos homenaxes, ós que lle agardaban na súa terra despois de catro décadas sen pisala.

O 20 de xullo de 1976 chega a Coruña onde se lle disporán distintos actos de homenaxe no seu 90 aniversario: placa na súa casa natal, medalla de Presidente de Honra do Instituto Cornide.

O 25 de xullo de 1978 se lle impon en Locarno coa asistencia do monárquico Joaquín Satrústegui a condecoración do Ministerio de Educación e Ciencia: a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, o que lle dá o tratamento de ‘Excelentísimo Señor’. Poucos días máis tarde, ós 92 anos, o seu corazón deixa de sustentalo. En outubro de 1978 sofre unha anxina de peito. O 14 de decembro de 1978 deixa de existir por un fallo cardíaco.

Tras a súa morte, fixeronse varios homenaxes a súa figura. Especialmente na súa cidade natal, na persoa da súa víuva. As cinzas de Madariaga foron espalladas no mar da Coruña.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás aceptando o seu uso. Máis información | Aceptar